Un restaurante galego en Sarria con historia
Desde que abrimos as nosas portas en 1999, no Restaurante Santiago de Sarria non só servimos comidas: compartimos momentos, historias e moitas sobremesas con veciños, peregrinos e visitantes que fixeron deste restaurante galego en Sarria a súa parada favorita do Camiño.
Durante estes máis de 25 anos vimos crecer familias, reencontrarse amigos, celebrarse eventos e descansarse etapas. Aquí vénse a comer ben, si, pero tamén a charlar, a desconectar, a volver unha e outra vez.
Porque máis que un restaurante, somos un punto de encontro con sabor a fogar.
A nosa historia en poucas palabras
omezamos como un restaurante familiar, cunha cociña caseira que apostaba polos sabores de sempre: o polbo á feira, o raxo con patacas, a tortilla zumosa, o caldo galego, as sobremesas feitas na casa. E iso non cambiou.
Ao longo dos anos, moitos peregrinos do Camiño de Santiago descubriron o noso comedor como un lugar para parar e recargar enerxías, pero os nosos piares seguen sendo os mesmos: tradición, proximidade e calidade.
Especialidades
Catro razóns polas que seguimos sendo a túa mesa habitual

produto local
Traballamos con ingredientes frescos e de proximidade. Apostamos pola calidade e o sabor do noso.

Cociña caseira
Receitas de sempre, feitas con mimo e como na casa. O sabor auténtico está nos detalles.

Trato cercano
Aquí coñecémoste, escoitámoste e coidámoste. Porque comer ben tamén é sentirse a gusto.

tradición viva
Máis de 25 anos cociñando para o noso pobo. Seguimos fieis ao que nos fixo comezar.
Un lugar para veciños, amigos e peregrinos
A nosa ubicación no Camiño de Santiago, xusto fronte ao río Sarria, fai que nos visiten persoas de todo o mundo. Pero os que veñen unha vez… moitas veces volven. Aquí crúzanse historias, idiomas, camiños e costumes. E todo iso cabe nunha mesa.
Descubre todo o que ofrece Sarria
Se queres seguir explorando o pobo antes ou despois de comer, a mellor guía é a web oficial de turismo de Sarria. Monumentos, rutas, aloxamentos e todo o que necesitas para gozar da túa visita.
Visita Sarria Turismo


