• Dirección: Paseo do Malecón, 15 27600 Sarria (Lugo)
  • Llámanos: 982 53 25 64

Carta

A carta do Restaurante Santiago de Sarria: pratos caseiros, racións para compartir, tenreira galega, peixes e unha coidada selección de viños. Produto local e receitas tradicionais.
Cociña galega de verdade, desde 1999

No Restaurante Santiago de Sarria, cociñamos como sempre

No Restaurante Santiago de Sarria, cociñamos como sempre se cociñou en Galicia: con produto local, receitas de toda a vida e o tempo que cada prato necesita. Sen atallos. O polbo leva a súa cocción, a tenreira galega vén de provedores de confianza, as sobremesas facémolas nós. Desde 1999 levamos dando de comer a veciños, viaxeiros e peregrinos do Camiño Francés que pasan por Sarria.

O noso menú do día, caseiro e completo

Menú do día en Sarria

Todos os días, de luns a domingo agás mércores, ofrecemos un menú do día caseiro e completo por 15,00 €. Unha opción perfecta tanto para os veciños de Sarria como para os peregrinos que necesitan repor forzas no Camiño Francés.

O menú inclúe:

  • Primeiro prato
  • Segundo prato
  • Sobremesa ou café
  • Viño ou auga

Os pratos cambian a diario segundo o mercado e a tempada. Chámanos ao 982 532 564 para saber que hai hoxe no menú.

Menú del día Restaurante Santiago Sarria
tradición, sabor e producto local

A carta do restaurante Santiago en Sarria

No Restaurante Santiago, Sarria, ofrecémosche unha carta variada con pratos caseiros, racións para compartir, tenreira galega, peixes e unha coidada selección de viños. Usamos produto local e receitas tradicionais, coa calidade e o cariño de sempre.

Restaurante Santiago

Apetéceche probar algo?

Reserva a túa mesa e desfruta dos nosos pratos con sabor a tradición.
Horario de cociña

Luns a domingo
12:30 – 16:00 · 19:00 – 23:00
Mércores pechado

Selección galega e nacional para acompañar como merece

Viños con carácter e terra

Na nosa carta de viños atoparás unha selección pensada para acompañar cada prato co que merece.

De Galicia, traballamos con denominacións como Ribeira Sacra, cos seus tintos de mencía de bancais no canón do Sil, e Rías Baixas, referente mundial do albariño. Viños con personalidade, ligados ao territorio e á tradición vitícola galega.

ara quen prefire os clásicos nacionais, contamos con etiquetas de Rioja, Ribera del Duero e Toro — criances e reservas que casan perfectamente coas nosas carnes á brasa e a tenreira galega.

Completamos a carta con viños doces para as sobremesas, espumosos para celebrar e formatos magnum para as mesas que queren facer do viño parte da ocasión.

Non dubides en preguntarnos — sempre temos unha recomendación segundo o que vaias pedir. O viño é parte da experiencia no Restaurante Santiago de Sarria, e tomámonos esa parte moi en serio.